Licitada a pavimentación e mellora da praza da Amarella en Ribeira

15 Marzo 2021

O Concello de Ribeira abriu o prazo de presentación de ofertas das obras de pavimentación e mellora da praza da Amarella na cidade de Santa Uxía. O proxecto diríxese a substituír o actual pavimento a base de baldosa hidráulica por outro de formigón pulido combinado non lousas de granito, así como impermeabilizar a praza utilizando unha emulsión bituminosa e láminas de poliéster (previa limpeza e saneado da superficie) co “obxecto de solucionar as filtracións de auga que se producen no semisoto do estacionamento situado debaixo”.

Tamén está previsto habilitar unha rede para a evacuación de augas pluviais, ao que cómpre sumar o pintado dos muros da praza e a instalación de papeleiras e novos bancos de madeira substituíndo os actuais.

O orzamento da intervención ascende a 58.464,19, IVE incluído, enmarcado no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2020. O prazo de execución son tres meses.

As empresas interesadas poden presentar as súas propostas ata o 5 de abril á medianoite a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.