Entra na súa recta final o prazo para xustificar as axudas do PEL-Reactiva Ribeira

24 Marzo 2021

O Concello de Ribeira informou este 24 de marzo de que xa comezou a conta atrás para que os beneficiarios das axudas para a reactivación económica e social de Ribeira (PEL-Reactiva) xustifiquen a concesión destas subvencións, dotadas de 596.000 euros co-financiados por Deputación e Concello para dotar de liquidez a persoas autónomas e microempresas na procura de contrarrestar os efectos do COVID-19. O prazo, concretamente, remata nunha semana.

A este respecto, e tal como recolle a resolución definitiva publicada no BOP o pasado 29 de xaneiro, concedeuse aos beneficiarios (311 en total) un prazo de xustificación que rematará o 31 de marzo de 2021, durante o cal deben presentar a conta xustificativa regulada nas bases da convocatoria: xustificantes de gasto ou facturas electrónicas escaneadas pagadas dentro do período subvencionábel (do 1 de marzo ata o 31 de decembro de 2020) a través de medios de pago que se poidan acreditar documentalmente (tarxetas bancarias, talóns nominativos, transferencias bancarias…), así como o resto de documentación esixida nas bases e que non fora presentada ata o momento.

Dúbidas

O Concello tamén lembrou que “aquelas persoas autónomas ou titulares de microempresas que teñan dúbidas respecto o estado da súa xustificación poden achegarse ou poñerse en contacto coa Oficina de Atención Cidadá, onde serán atendidas convenientemente en aras a resolver as súas consultas”.

Outros artigos

Comeza este venres a “LXXVII Festa da Dorna” 2025

O municipio de Ribeira acollerá desde o 18 ao 24 de xullo unha nova edición da Festa da Dorna. As dornas forman parte da vida cotiá dos veciños do municipio ribeirense que manteñen viva a tradición por esta embarcación de pesca, tal é a importancia e representación...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.