En Lousame aprobado o financiamento para a mellora do viario das Bouciñas a Cruido

26 Marzo 2021

Este 26 de marzo celebrouse a sesión plenaria do Concello de Lousame, onde se abordaron diferentes temas que saíron adiante. Así, aprobouse a dotación económica municipal estimada en 40.000 euros ao Plan Hurbe para a realización da obra de mellora do viario das Bouciñas a Cruido. A acción terá u custo de 136.391,66 euros, que se asumirán co financiamento da Xunta e coa achega local aprobada este venres 26. A execución da obra estase a desenvolver estes días e prevese que remate nas vindeiras semanas.

Así mesmo, o pleno ordinario serviu para que a corporación de Lousame solicitara formalmente á Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza que inicie os expedientes administrativos correspondentes para elaborar un plan de Viabilidade para a Serra do Barbanza.

Doutra banda Lousame tamén aprobou a taxa da piscina municipal, que volverá a abrir as súas portas na tempada de verán. Así, os prezos actualizados para os bonos son: os neno/as de 0 a 6 anos, 15 euros; neno/as de 7 a 15 anos , 15 euros; persoas de 16 a 64 anos, 30 euros; e maiores de 65 anos, 15 euros. Tamén se deron a coñecer as entradas por xornada, que serán de 1 euro para os neno/as de 7 a 5 anos e maiores de 65, e de 2 euros para as persoas de entre 16 e 64, así como os máis pequenos entrarán gratis.

A sesión tamén deu luz verde á actualización da taxa do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI). Tras catro anos, actualízase este imposto que será do 0,55% para os bens de natureza urbana, de 0,65% para os de natureza rústica e de 1,3% para os de características especiais. Ademais mantéñense as bonificacións para os titulares de familias numerosas e para aqueles inmobles nos que se desenvolvan actividades agrarios ou gandeiras do sector primario de forma exclusiva e declaradas de especial interese ou utilidade municipal.

No pleno ordinario de hoxe tamén se deu un paso máis para a execución do proxecto técnico de mellora do trazado viario á Escabia, tras ser aprobado no pleno xunto ao anexo de expropiacións.

Por último, a corporación local debateu a aprobación provisional da modificación puntual número 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Lousame (PXOM). Deste xeito, en base aos informes da Xunta de Galicia procedeuse a desestimar unha das alegacións e aceptar todas as demais.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.