En Lousame actívase unha campaña de sensibilización contra a vespa velutina

17 Marzo 2021

O Concello de Lousame activou unha campaña contra as vespas velutinas ante a previsíbel proliferación das mesmas co inicio da tempada de primavera. Faino a través de actividades de sensibilización sobre a importancia de construír trampas para capturar as raíñas desta especie. Así, a través de carteis e información nas redes sociais, a campaña difundirá como elaborar trampas caseiras e cal é o material necesario.

Asemade, o xoves 25 de marzo impartirase unha sesión formativa no CEIP Cernadas de Castro para explicar aos nenos e nenas de Lousame cal é o ciclo biolóxico da velutina, como se deseña un método caseiro de captura, así como a evolución da invasión da vespa asiática no territorio galego e as súas características distintivas con respecto ás vespas autóctonas.

A campaña comeza nun mes clave, posto que entre marzo e maio é preciso capturar ás raíñas para evitar que cando as vespas saían do seu letargo comecen a construír niños, nos que pode haber ata 2.000 vespas obreiras e ata 15.000 larvas. Por tanto, este é o período no que as trampas son efectivas á hora de controlar esta praga.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.