Detidas en Ribeira cinco persoas por delitos contra a saúde pública

26 Marzo 2021

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira veñen de deter a cinco persoas por tráfico de drogas: tres homes e dúas mulleres adicadas á venda polo miúdo de cocaína e heroína. Ademais, detívose a unha sexta persoa por levar entre as súas pertenzas un teléfono móbil denunciado como subtraído.

Durante a investigación policial constatouse como en tres vivendas da cidade distribuíase droga a todas as horas do día, podéndose identificar aos participantes na rede.

Nos rexistros do tres domicilios, incautáronse 2.300 euros, 108 papelinas de cocaína, 53 papelinas de heroína, 5 rocas de heroína (25 gramos), tres básculas de precisión, sustancia para o corte de droga, tres teléfonos móbiles (un deles fora denunciado como subtraído en Canarias), entre outros efectos.

No dispositivo policial para levar a cabo a desarticulación destes puntos de venda de droga desenvolvido por axentes da comisaría local de Ribeira, prestaron o seu apoio operativo os grupos GOES, UPR e Guías Caninos da Xefatura Superior de Policía de Galicia.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución Nº 1 de Ribeira, en funcións de garda.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.