CCOO reuniuse co alcalde de Rianxo para tratar a contratación do servizo de axuda no fogar

15 Marzo 2021

A Federación de Construcións e Servizos de CCOO reuniuse este 15 de marzo co alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, para tratar os pregos de contratación do servizo de axuda no fogar (SAF) do Concello. Na xuntanza, o rexedor comprometeuse a que todo o persoal, 25 traballadoras, será subrogado no concurso público que se anunciará antes de rematar o ano.

Desde CCOO expuxeron os seus criterios sobre as principais cuestións económicas e sociais que debería tratar a licitación, “especialmente no que atangue ao valor hora do traballo realizado”, sinalou o sindicato. Ao fío desta temática, Muíños explicou que un dos problemas que teñen concellos do tamaño de Rianxo é a exigua achega económica da Xunta, de 9,7 euros/hora. Para CCOO, é “unha cifra escasa”, xa que “o valor mínimo para garantir que se cumpran as condicións laborais que determina o convenio é de 18,5”, sinalaron os seus integrantes.

O rexedor rianxeiro apuntou que están en conversas coa Deputación da Coruña para que a institución provincial poida axudar a cubrir o importe restante, “dadas as limitacións orzamentarias do municipio”.

CCOO comprometeuse a proseguir en contacto coas diferentes administracións para “garantir un valor hora xusto que garanta unhas condicións digna para as traballadoras do SAF”.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.