Apertura das ofertas para facer 400 metros de beirarrúas á estrada que pasa por Ameixida

12 Marzo 2021

O Concello de Ribeira informa da licitación dunha nova actuación consistente na construción de beirarrúas e instalación de pluviais na Ameixida, na estrada DP-7307ao seu paso por este lugar situado na parroquia de Castiñeiras.
Concretamente, as obras focalizaranse na marxe esquerda da devandita estrada, que ao carecer de beirarrúas, isto conleva un risco para a seguridade dos peóns que circulan por esta zona.
Pluviais
Neste senso e de acordo co proxecto técnico elaborado, dotarase á marxe esquerda de 400 metros de beirarrúas de formigón desactivado, ademais dunha rede de pluviais a través da instalación dunha tubaxe de PVC corrugado de 315 milímetros de diario máis 12 pozos de rexistro e 12 arquetas sumidoiro.
O orzamento da actuación ascende a 70.491 euros, IVE incluído: un investimento enmarcado na Segunda e derradeira fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ adicional 1/2019. O prazo de execución é dun mes e medio.
As empresas interesadas dispoñen ata o 23 de marzo para a presentación da súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.