A rianxeira Esther Carrodeguas leva a Muros a súa traxicomedia 32m²

16 Marzo 2021

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle este sábado 20 de marzo (20.30 horas) unha función da nova produción de ButacaZero: o espectáculo 32m², unha traxicomedia sobre o confinamento. A creación da autora rianxeira Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira propón, no primeiro aniversario do encerro da pasada primavera, “unha ollada reflexiva e sandadora” sobre unha situación que marcou, e marcará, a toda a sociedade. A peza acompáñase de música orixinal de Rodrigo Cuevas.

Está interpretada por Xurxo Cortázar e Laura Villaverde e conta na dirección coa propia autora do libreto e máis con Xavier Castiñeira.

Argumento

Mar e Xan son unha parella fóra do común, coma todas. Viven tan tranquilamente no seu pisiño de 32m². A vida pasa e o mundo xira, volta e volta, coma un filete. Pero un día, o mundo esmendréllase. O que era unha Nación convértese nunha HiberNación e hai que facer todo o que di Simón. Mar non recoñece a súa vida. Xan non recoñece á súa parella. O mundo redúcese a catro paredes e xa ninguén entende nada.

En palabras da compañía ButacaZero, “32m² é un enredo co que todo o público se poderá sentir identificado, pois todos mercamos un chisco máis de papel hixiénico do habitual e todas tivemos que acabar por levantar as nosas propias alfombras para descubrir a merda que tiñamos debaixo dos propios pés.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.