A Policía Nacional detén en Ribeira a dous homes por tráfico de drogas

02 Marzo 2021

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira detiveron o pasado 27 de febreiro un mozo de 22 anos, nado e con domicilio en Ribeira, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas.

O mozo, ao verse sorprendido, iniciou unha fuga nun vehículo polas rúas de Ribeira sendo interceptado por un vehículo policial. Ao ser rexistrado atopouse entre as súas pertenzas 22 gramos de heroína e 1.225 euros fraccionados en billetes de 50 euros, de 20 euros e 5 euros.

A segunda actuación desta semana sucedeu o 1 de marzo cando foi sorprendido un veciño de Ribeira de 43 anos ao pasar unha papelina a outro suxeito en vía pública, entregando á súa vez este diñeiro ao agora detido. Incautáronse tres papelinas de cocaína e 205 euros.

Ambas as actuacións son resposta aos dispositivos establecidos para a prevención do tráfico de drogas na localidade de Ribeira.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Garda de Ribeira.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.