A Deputación da Coruña conmemora o 8-M coas nosas ciberactivistas

05 Marzo 2021

As ciberactivistas da nosa terra celebrar o 8-M (Día Internacional da Muller) participando en diversas actividades impulsadas pola Deputación de A Coruña. Entre elas destaca a campaña Moito que Cambiar.

A deputada Provincial de Igualdade, María Muiño, reuniuse cos diferentes representantes dos concellos para comentar que “é preciso traballar coa mocidade para a eliminación da discriminación”. Muíñ-o sinalou a importancia que ten difundir a campaña polos centos de ensino galego e destacou a elaboración de materiais propios para crianzas, mozas e mozos que se distribuirán no sistema educativo a través das redes sociais e da participación de ciberactivistas.

Ademais, explicou que “a Deputación da Coruña distribuirá unha unidade didáctica e apoiará o traballo nas aulas co fin de abordar novos modelos de comunicación”.

A actividade será levada cabo por Vanesa Castro de Fur Alle Falle, Laura Tabarés, Ana Moreiras, Sonia Méndez e Lourdes Pérez e contribuirá a dar pasos adiante na materia de igualdade no ensino.

Segundo fixo saber Muíño, as activistas das redes son neste momento as persoas “que informan e crean estado de opinión” e, neste sentido, “quixemos recorrer a elas para que trasladen a necesidade de construír unha sociedade igualitaria e eliminar o machismo e a discriminación”.

Amais dos vídeos destas mulleres referenciais na vertente máis reivindicativa da Rede, a área de Igualdade da Deputación da Coruña distribuirá unha unidade didáctica que apoiará o traballo nas aulas co obxectivo de abordar novos modelos de comunicación en igualdade.

“Será un material acaído para que o profesorado traballe nas aulas cun modelo non discriminatorio para o que sería interesante participar tamén nas redes con esta mensaxe”, explicou, dunha campaña que se moverá no ámbito dixital co cancelo #oitoM #Moitopor cambiar e #Moitoporfacer para a actividade coa mocidade.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.