A Asociación de Empresarios de Ribeira felicita ao Concello e á Policía Local pola rápida posta en marcha da patrulla anti-COVID

02 Marzo 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira fixo pública este martes a súa felicitación ao Concello “pola rápida posta en marcha da patrulla anti-COVID-19”, tal e como se comprometeu hai uns días, segundo indica a patronal, o Executivo local. A patrulla, destacan, estreouse no inicio da desescalada (esta última fin de semana de febreiro) e fíxoo realizando importantes labores de vixilancia para facer que se cumpriran as normas anti-COVID nos locais hostaleiros, tanto por parte da clientela como dos propios responsábeis dos establecementos.

A Asociación de Empresarios tamén felicitou aos axentes da Policía Local, por “esta tan necesaria actividade que desexamos sigan a desempeñar con celo e con firmeza en aras do ben común”. A entidade tamén salienta no seu comunicado a necesidade “de cumprirmos as normas entre todos”, hostaleiros, clientes e administracións, co fin de evitar novos repuntes de contaxios e que, tamén, “poidamos chegar o máis axiña posible ao remate da pandemia que tanto nos afecta”.

E conclúen: “Congratulámonos pola posta en marcha desta iniciativa e ao mesmo tempo recoñecemos ao Concello e á Policía Local a súa rápida resposta, animándolles para que sigan neste labor de control tan necesaria”.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.