Xa podemos votar online polos mellores temas galego-portugueses nomeados a aRi[t]mar

24 Febreiro 2021

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela vén de abrir o prazo das votacións en liña para elixir a mellor canción galega e portuguesa de 2020, ao abeiro dunha nova edición do Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal. Logo dunha primeira fase na que o xurado seleccionou os dez mellores temas en galego e os dez mellores temas en portugués, xa se deron a coñecer as músicas e artistas nomeados nesta edición.

Amais do impulso da EOI de Santiago (Consellería de Cultura e Educación), o concurso conta co patrocinio das Secretarías Xerais de Cultura e de Política Lingüística, da Deputación Provincial da Coruña, do Concello de Santiago de Compostela, do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e do Instituto Camões-Centro Cultural Portugués de Vigo.

Nesta presente edición, por Galicia resultaron finalistas: Baiuca, Guadi Galego, Mercedes Peon & Streicherensemble der Augsburger Philharmoniker, MJ Pérez, Néboa, Os d’Abaixo, Pauliña, Ukestra do Medio, Uxía & Sérgio Tannus e Xoana.

Por Portugal foron as seguintes artistas e agrupacións: Ana Bacalhau, Bárbara Tinoco, Carlão, Cláudia Pascoal, Dino D’Santiago, Fuga, Miguel Araújo, Os Quatro e Meia, Pedro Abrunhosa e Tatanka.

Segundo explican as entidades impulsoras do certame, as persoas que se queiran sumar a esta iniciativa poden votar a través da web do certame desde 19 de febreiro ata o día 20 de marzo. Todas elas participarán posteriormente no sorteo dun lote de libros e cedés.

Que é o aRi[t]mar?

O Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal é un proxecto didáctico-cultural desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que ten por obxectivo divulgarmos a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegarmos a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.

O certame consta de catro categorías:

Mellor tema musical galego

Mellor tema musical portugués

Mellor poema galego

Mellor poema portugués

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...