Piden 3 anos de cárcere para un taxista por transferir case 36.000 euros desde a conta dun compañeiro ribeirense desaparecido

07 Febreiro 2021


A Sección Sexta da Audiencia da Coruña, con sede en Santiago, xulgará o xoves a un taxista para o que Fiscalía solicita tres anos de prisión por supostamente transferir ao seu favor un total de 35.736 euros desde as contas de banca electrónica dun compañeiro que estaba desaparecido.

Dáse a circunstancia que o titular desta conta levaba desaparecido desde mediados do 2009 e un xulgado de Ribeira declarouno ausente en xullo de 2013.

O procesado realizou ” fraudulentamente” un total de 35 transferencias entre agosto do 2009 e abril do 2013. A Fiscalía considera que o acusado se valeu “da relación de amizade e de confianza”, así como “profesional” –ambos compartían o mesmo taxi– que mantiña o seu compañeiro, de modo que coñecía os seus números de conta.

A Fiscalía acúsalle dun delito de estafa e doutro de falsidade en documento público, polos que solicita unha pena de tres anos de prisión e inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo e multa de 12 meses con oito euros de cota diaria.

De igual modo, pide que indemnice ao representante do seu compañeiro –o declarado ausente– na cantidade total subtraída, á que hai que sumar os intereses legais.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.