O Museo do Gravado de Artes inaugura o 5 de marzo unha relevante mostra de homenaxe a Manuel Ayaso

26 Febreiro 2021

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai inaugurar o vindeiro 5 de marzo, na sala 0 do edificio expositivo, a exposición en homenaxe ao artista Manuel Ayaso Dios (Aguiño, 1934). O acto oficial de apertura da mostra está previsto para as 13.00 horas e contará coa presenza do presidente do Museo e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, do vicepresidente, Javier Expósito Paradela, e do director Xoán Pastor Rodríguez Santamaría.

A exposición consta de 110 punta seca orixinais inspiradas na obra do artista checo Franz Kafka e que ocupan dúas das salas do Museo do Gravado.

Acompaña a mostra a edición dun libro para bibliófilos en edición limitada a 26 exemplares (1 P.A., e 1/25 ao 25/25) numerados e asinados polo propio artista homenaxeado con textos de Felipe Senén, Eva Veiga e Xabier L. Marqués. O libro está recollido nun estoxo de madeira serigrafada e contén 110 serigrafías orixinais asinadas e numeradas por Manuel Ayaso e autentificadas ante o notario José Prieto Luengo de Boiro.

O acto realizarase respectando todas as medidas sanitarias de prevención contra a COVID-19.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Este venres comezan as festas patronais de Santa María de Roo (Noia)

Este venres 14 de agosto comezan as festas patronais de agosto, edición 2026, de Santa María de Roo (Noia), organizada pola veciñanza (comisión de festas) coa colaboración do Concello. Farano cunha gran verbena a cargo da Orquestra Panorama City e co acompañamento de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.