O Concello pon a punto a Casa da Cultura de Carreira

02 Febreiro 2021

O Concello de Ribeira fixo balance das obras realizadas na Casa da Cultura de Carreira, emprazada no lugar de Campos, co obxectivo de poñela a punto. En concreto, o inmóbel foi obxecto de traballos para acondicionalo e mellorar o seu desfrute por parte da veciñanza.

O Concello explicou que no que respecta ao seu local máis grande, con 293 metros cadrados de superficie, recibiu unha dobre man de pintura branca mate de alta calidade. Amais, engadiu o Goberno ribeirense, “dúas fiestras que estaban dispostas enriba do escenario foron cubertas con ladrillo cubo e quedaron recebadas por ambas caras”.

En canto ao local máis pequeno, actuouse nas tres xanelas das que dispón, “repoñéndose as cintas rotas, revisando os tiradores de peche e selándoas polo exterior para tratar de evitar a entrada de humidades”, explicou o Concello, engadindo que “tamén se eliminaron as manchas de humidade e esconchados que había nos teitos dos dous aseos existentes”.

Por último, na rampla situada a carón da porta principal colocouse un pavimento de goma adherida ao chan para aumentar a seguridade no acceso ao inmoble.

As obras foron executadas por Construcciones Aguiño S.L.

Outros artigos

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.