Lousame adhírese a dous proxectos de sustentabilidade, solidariedade e xuventude

25 Febreiro 2021

O Concello de Lousame confirmou a súa adhesión ao proxecto Xuventude activa no medio ambiente, un programa que, como se indica no seu nome, inclúe, poñendo o foco na mobilización-formación da mocidade, o desenvolvemento de obradoiros de reciclaxe e de análise da bolsa do lixo, así como actividades de limpeza, sensibilización e recuperación de espazos deteriorados en diversos sendeiros do municipio.

Tamén se propón a realización dun mural colaborativo antipolución, no que se empregarán produtos ecolóxicos e sustentábeis.

Para o desenvolvemento desta iniciativa o Executivo local solicitou a colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Por outra banda, o Concello tamén presentou a súa solicitude para recibir a subvención do programa Corpo Europeo de Solidariedade a través do cal materialízase o proxecto de voluntariado europeo Actividades interxeracionais de voluntariado.

A previsión é que no vindeiro mes de abril Lousame poida acoller a dúas persoas de nacionalidade turca como voluntarias para participar en diferentes actividades do Concello ata finais de abril. Dende o Goberno local xa puxeron en marcha a tramitación deste proxecto no marco do programa de voluntariado europeo.

Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame, explicou que “unha das prioridades do noso Executivo sempre foi dinamizar o noso concello a través de actividades dirixidas á mocidade, así como aos máis pequenos e aos maiores. Pero ademais o noso obxectivo é que as propostas de acción estean ligadas aos recursos naturais de Lousame e ao potencial turístico, económico e cultural do noso concello. Estes dous novos proxectos responden a este compromiso”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.