Licitadas as obras para o Punto de Encontro Familiar de Ribeira, cun investimento de 156.000 euros

15 Febreiro 2021

O Goberno galego anunciou este luns 15 a licitación das obras para a construción do Punto de Encontro Familiar (PEF) de Ribeira, que contarán cun investimento de 156.000 euros, aos que hai que engadir outros máis de 150.000 euros anuais para o seu mantemento. Este punto, segundo explica a Xunta, “permitirá que as nais e pais separados ou en trámites de separación do Barbanza realicen as visitas que lles corresponden dun xeito seguro”.

Tamén fai saber que o procedemento “determina os requisitos técnicos que deberán reunir as empresas interesadas, que deberán presentar a súa solicitude para facerse cargo dos traballos”, ao que engade que o prazo de execución dos mesmos é de catro meses, polo que se estima que o centro estea listo para a súa apertura no último cuadrimestre do ano.

En palabras da Xunta, “será un servizo destinado a atender ás veciñas e veciños de toda a comarca, que agora se teñen que trasladar a Santiago para realizar estas visitas, convertendo o concello de Ribeira o primeiro de Galicia en contar cun Punto de Encontro Familiar fóra das sete cidades”. O Goberno galego ampliou nos pasados meses o horario de todos estes centros de cinco a sete días á semana para poder cumprir coas medidas xudiciais e atender os protocolos de prevención fronte á covid-19.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.