En Ribeira comeza a puxa da pavimentación da estrada de Axeitos

18 Febreiro 2021

O Concello de Ribeira informa da apertura de presentación de ofertas para a pavimentación da estrada de Axeitos, en Oleiros.

O obxectivo desta obra consiste en estender unha nova capa de aglomerado asfáltico na vía, xa que a día de hoxe rexistra algunhas fochancas e zonas disgregadas. A intervención tamén inclúe pavimentación dos sobreanchos.

A obra conta cun investimento base de 103.631,90 euros IVE incluído e está financiada polo Plan Provincial de cooperación ás Obras e Servizos de competencia Municipal (POS+ Adicional 1/2018).

Todas as empresas interesadas en intervir, poderán presentar as súas ofertas ata o 9 de marzo a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta (SILEX). O prazo de execución da obra será de 2 meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.