En Ribeira abre o luns unha consulta para coñecer a demanda de solo industrial no futuro polígono

21 Febreiro 2021

O Concello de Ribeira vén de abrir unha consulta ao mercado para acadar unha estimación da demanda de solo industrial no futuro polígono (co obxectivo, tamén, de adaptar o proxecto técnico de urbanización ás necesidades reais). A consulta estenderase no tempo durante un mes.

A tal efecto, as empresas interesadas deberán presentar as súas solicitudes cubrindo un formulario web que se vai habilitar na páxina web do Concello de Ribeira indicando unha serie de datos tales como o nome da empresa ou entidade peticionaria, razón social, sector ao que pertence, número de postos de traballo previstos, metros cadrados de ocupación demandados e datos de contacto, así como modalidade preferida de ocupación.

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o próximo luns 22 de febreiro ata o 22 de marzo. Habilitarase un correo electrónico onde dirixir consultas ou dúbidas (poligono@ribeira.gal) e tamén se poden consultar planos a través da web.

O prazo que manexa o Concello para a licitación das obras de licitación é o último trimestre do 2021, habendo unha previsión inicial de custe segundo proxecto de 50 euros por metro cadrado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.