CRMHBarbanza ratifica ao seu firme apoio á iniciativa para cambiar o nome da rúa Miguel Rodríguez Bautista

22 Febreiro 2021

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza (CRMHBarbanza) vén de emitir un comunicado no que explica a súa postura respecto do debate aberto en Ribeira sobre unha cuestión que a entidade considera de urxencia: seguir dando pasos relevantes para erradicar do concello simboloxía e nomenclatura franquista, incluídos varios nomes de rúas (por exemplo a rúa que leva o nome do alcalde franquista Miguel Rodríguez Bautista) que a comisión opina que deben ser cambiados sen dilación.

A CRMHB refírese directamente á moción presentada no Concello para a eliminar a dita simboloxía, e lembra en primeiro lugar que o artigo 15 da Lei 52/2007, de 26 de decembro, especifica que as administracións públicas “no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos e mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da ditadura”.

A comisión opina que “non debera ser preciso que ningún partido nin ningunha asociación esixise o cumprimento dunha lei, xa que terían que ser os propios Concellos os que levasen a cabo iniciativas para aplicala”. Non facelo así, consideran, “supón unha clara neglixencia”. E engaden: “Unha administración que incumpre unha lei perde toda autoridade moral para esixir á cidadanía o cumprimento de outras leis”.

Dende a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza lembran que levan anos intentando dar a coñecer unha parte da historia dos concellos da comarca que “foi silenciada e terxiversada durante moitos anos, ata tal punto que é esa versión espuria a que pasa por ser a histórica en moitos casos; esta manipulación continuada dos feitos históricos levou a un descoñecemento por parte dun amplo sector de poboación, que ignora o detestábel papel que desempeñaron algunhas persoas no sufrimento de moitas outras, e no espolio dos seus bens”.

A entidade recorda que “en Galicia e en Ribeira foron asasinadas, torturadas, violadas e despoxadas do seu patrimonio miles de persoas; ademais os responsábeis destes actos enriquecéronse a conta do alleo, e gozaron durante a súa vida de múltiples honores”. A este respecto, a comisión lanza a seguinte pregunta: “Queremos seguir honrando estas condutas?”.

A comisión opina tamén que “foi tanto o horror que crearon que aínda hoxe en día persoas que viviron aquela época pero non eran do seu bando non se atreven a dicir en voz alta a verdadeira catadura moral daqueles que seguen tendo honores en Ribeira”. Para o colectivo, non é preciso poñer en dúbida os bos actos realizados por persoeiros políticos como Miguel Rodríguez Bautista, e a comisión non dubida deles, pero engade que “calquera bo acto seu queda totalmente empañado polo seu apoio incondicional a unha ditadura que tanto dano causou neste país”.

E conclúen: “A retirada dese nome das nosas rúas situaranos como un concello que cumpre a lexislación vixente, en lugar de seguir sendo un concello defensor do fascismo e que o honra. Ter o nome dun franquista nas nosas rúas identifícanos como franquistas. É esa a imaxe que quere dar un concello no que a inmensa maioría da poboación opta por un modelo democrático, e non pola ditadura?”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

Álvaro Cunqueiro imaginó muchas veces Galicia como el lugar donde lo extraordinario convivía con lo cotidiano. Una tierra en la que la realidad siempre deja espacio para los milagros y quizás uno de esos pequeños milagros sea que el tiempo aquí transcurre de otra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.