A Xunta celebra este domingo o Día da Lingua Materna cunha actividade en liña

19 Febreiro 2021

A Xunta vai celebrar este domingo 21 o Día Internacional da Lingua Materna. Farao cunha actividade familiar de dinamización lingüística dirixida aos máis cativos, que será retransmitida en streaming desde a Cidade da Cultura e con acceso libre e gratuíto.

A través desta cita as nenas e nenos e as súas familias poderán visualizar o espectáculo Puño, puñete, unha orixinal proposta da man de Baobab Teatro que inclúe cantos, contos e xogos, para pasar unha hora de divertimento e aprendizaxe, entre as 11,00 e as 12,00 h da mañá.

Tomando como liña argumental o xogo tradicional –Puño, puñete, que tes por dentro? -Pan e fermento! -Puño, puñete, que tes por fóra? -Pan e cebola!, a compañía teatral ofrecerá un espectáculo para cantar e xogar en familia, combinando rimas, cantigas e contos en lingua galega.

O encontro virtual previsto para o domingo estará conducido pola xornalista Esther Estévez, condutora do coñecido espazo #DígochoEu, e contará tamén coa presenza do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que lles dará a benvida a todos os participantes nesta retransmisión en directo que ten como obxectivo “promover a lingua galega e a súa transmisión interxeracional”.

Convocado pola UNESCO

Centrado nesta ocasión no multilingüísmo para a inclusión no eido educativo e na sociedade, o Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1999 e celébrase anualmente desde o 21 de febreiro de 2002 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural.

A Xunta de Galicia vén sumándose a esta celebración desde o ano 2010, contextualizándoa na nosa Comunidade e orientándoa á promoción e transmisión da lingua materna.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.