A violinista de Aguiño Raquel Castro formará ás novas promesas da música galega

17 Febreiro 2021

Raquel Castro Pego, a prestixiosa violinista de Aguiño (Ribeira), amais de formadora e pedagoga, vai impartir este mes de febreiro unha serie de clases a novas promesas da música galega, a través do programa de formación permanente da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago. As sesión desenvolveranse o xoves 26 de febreiro, de 9.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas; e o venres 27, de 9.30 a 14.00 horas.

Ademais do alumnado da Escola, tamén poden asistir a estas clases músicos externos ao centro. Os interesados en participar nestas sesións poderán matricularse a través da páxina web da Escola.

Profesora de violín na Escola Superior de Música de Cataluña

Raquel Castro Pego naceu en Aguiño en 1972. Formou parte da Orquestra Xove de Galicia e na actualidade exerce como intérprete e pedagoga do violín. As súas recentes actuacións téñena levado, ademais de por toda España, a países como Gran Bretaña, Francia, Italia, Eslovenia, Croacia, Estados Unidos, Israel e a diversos lugares de Oriente Medio.

Recibe a súa formación en España e Londres, na Guildhall School of Music and Drama. Completa os seus estudos na Universidade de Indiana. Grazas a unha bolsa do Programa Fulbright consegue o Masters en Música coas máximas cualificacións, baixo a tutela do mestre Mauricio Fuks, do cal ten sido asistente.

Ten sido convidada a impartir clases na Universidade de Indiana e na Summer Festival Academy en Bloomington. En 2005 conseguiu a praza de primeiro violín solista na nova formación Ensemble Nacional Español de Música Contemporánea. É convidada nacional e internacionalmente para impartir clases maxistrais, seminarios e cursos de violín. Dende o ano 2004 é profesora de violín na Escola Superior de Música de Cataluña (ESMUC).

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.