A Policía Nacional detén en Ribeira a un home por un delito de tráfico de drogas

19 Febreiro 2021

Axentes da Policía Nacional adscritos á comisaría de Ribeira veñen de informar da detención dun home de 54 anos de idade, veciño da localidade como presunto autor dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas.

Ao abeiro dun dispositivo para a prevención do tráfico de drogas en Ribeira os axentes detectaron ao presunto narcotraficante e sendo coñecedores de que fora detido en datas recentes por feitos semellantes, procederon a vixialo até que o viron intercambiando con outra persoa unha bolsa a cambio de diñeiro. Por este motivo procederon a intervir, identificando e cacheando a ambos.

Durante o rexistro, foille intervida ao detido una certa cantidade de cocaína amais de diñeiro en efectivo en billetes de diverso valor e un teléfono móbil, e ao comprador foille intervida a bolsa que intercambiara, que contiña cocaína.

Ao detido cónstanlle antecedentes por feitos similares.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, o detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número Dous de Ribeira, en funcións de garda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.