A Deputación da Coruña convoca nos concellos o Premio Boas Prácticas en Servizos Sociais

24 Febreiro 2021

A Deputación da Coruña convoca o Premio Boas Prácticas en Servizos Sociais, co fin de recoñecer ás entidades e persoas que traballan na protección dos colectivos máis vulnerábeis. Este mércores 24 publicaranse as bases deste novo certame, que sairán relatadas no BOP.

A entidade provincial salienta que coa pandemia e o momento que estamos a vivir, é de vital importancia o papel que exercen as asociacións e traballadores no eixo social. É por iso que a deputada de Benestar Social da Deputación, Ana Lamas, sinala que “estes premios son un recoñecemento a todas aquelas entidades e persoas que contribúen a mellorar a vida dos colectivos máis desfavorecidos”.

Aqueles que queiran presentar os seus proxectos deberán pertencer as áreas de familia, nenez e mocidade; persoas con diversidade funcional e maiores; minorías étnicas e inmigración; drogodependentes ou outras situacións de risco social.

En xeral, o ente provincial apoia cada ano arredor de 250 entidades sociais, proporcionándolles diversas subvencións. Mais con este proxecto, a Deputación entregará tres premios de 5.000 euros ás mellores iniciativas.

O prazo de presentación estará aberto dende a publicación no BOP, por medio da Base de Datos Nacional de Subvencións. Así, as propostas deberán formalizarse virtualmente a través da plataforma SUBTel da Deputación.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.