Soben a 69 residentes e 20 empregados da Domusvi Ribeira os afectados. Dez internos e un traballador novos positivos da Covid

18 Xaneiro 2021


A Consellería de Política Social informou de dez novos positivos entre os internos da residencia de Ribeira, polo que xa son 69 maiores os que están contaxiados. A eles hai que engadir outro enfermo entre o persoal, polo que chegan a vinte os traballadores afectados.

O brote afectaría na actualidade a 89 persoas, ademais dos catro residentes que faleceron por esta causa a semana pasada no Centro Galego de Desenvolvemento Integral ( Cegadi) de Salgueiriños.

Debido á cifra de maiores contaxiados, a Consellería decidiu trasladar a boa parte deles ao CEGADI para prestarlles unha mellor atención, posto que este centro está especificamente dirixido a tratar a maiores con Covid.

Por outra banda a morte dunha boirense de 74 anos eleva a 44 a cifra de falecidos pola Covid na comarca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.