Os socialistas de Ribeira solicitan o arranxo dunha beiravía a carón da Casa do Mar de Aguiño

21 Xaneiro 2021

O PSOE de Ribeira, a través do seu voceiro José Vilas, presentou un rogo para mellorar a contorna da Casa do Mar Aguiño, onde existe “unha beiravía na vía pública que se atopa moi deteriorada pola falta dunha capa de mestura bituminosa, o que fai dificultoso o tránsito peonil”. O mal estado no que se encontra este arcén-aparcamento, explican os socialistas, “débese ao normal desgaste da capa de rodadura”.

O grupo manifesta que “sta situación está a provocar molestias nas persoas que transitan pola zona, debido aos descalces producidos na calzada”.

Por todo o devandito, a agrupación solicita que o Concello dea orde para o saneamento da zona concreta e que se proceda ao arranxo da calzada nos puntos degradados deste tramo de vía pública, para permitir o paso sen dificultades para os viandantes”.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.