O PSOE de Ribeira reclama a posta a punto das Casas do Mar do termo municipal

16 Xaneiro 2021
Exterior da Casa do Mar de Aguiño

O PSdG-PSOE de Ribeira achegou proposta para ser debatida en pleno relativa ás Casas do Mar do municipio e “a necesidade de acondicionalas” por ser, entre outros moitos motivos, importantes focos de dinamización social, laboral, cultural e económica das nosas parroquias. Segundo fan saber os socialistas, as Casas do Mar, presentes en Aguiño, Corrubedo, Palmeira e Ribeira, “cumpren un labor esencial na vida dos nosos concidadáns do concello de Ribeira, que ten no mar a súa principal actividade económica, e sobre todo, unha relación especial que marca a súa maneira de vivir”.

Os socialistas lembran que nestas dependencias localízanse ademais os puntos de asistencia sanitaria do SERGAS, e, ao mesmo tempo, forman parte da vida cotián dos mariñeiros, tanto polos locais de hostalería que albergan, “que constitúen lugares de reunión e lecer dos veciños, senón tamén polas actividades culturais, que ocasionalmente en elas se celebran”.

A agrupación opina que malia “esta importancia incuestionábel”, o estado de conservación e mantemento das instalacións é absolutamente inapropiado”. En termos máis concretos, os socialistas sosteñen que están “sen pintar dende hai anos, con instalacións de saneamento defectuosas (cando non inexistentes), con deficiencias no illamento térmico, e co mobiliario estragado”. Segundo engaden, as Casas do Mar locais presentan en xeral, “un aspecto e funcionalidade que dá pena”.

Por estes motivos, piden que o Concello de Ribeira proceda a solicitar á Xunta de Galicia, á Consellería de Política Social ou ás consellerías competentes, “unha xestión axeitada do mantemento das Casas do Mar de Aguiño, Corrubedo, Ribeira, e Palmeira, empezando pola renovación das cubertas respectivas, e polas condicións de illamento das mesmas”.

Outros artigos

Concentración en defensa da Sanidade pública en Ribeira

Este xoves 26 de marzo concentrouse nas inmediacións do Centro de Saúde un nutrido grupo de veciñas e veciños, profesionais sanitarios e membros do Goberno municipal, arroupando a nova concentración local convocada pola Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...