As obras do Certame Isaac Díaz Pardo chegan ao Lustres Rivas

21 Xaneiro 2021

O Centro Cultural Lustres Rivas exhibe dende este xoves 21 e até o 28 de febreiro a exposición integrada polas obras seleccionadas do Certame de Artes Plásticas Issac Díaz Pardo que promove a Deputación Provincial da Coruña. A concelleira de Cultural, María Sampedro, participou no acto de inauguración da mostra, un evento limitado no que só fixeron acto de presenza autoridades e medios de comunicación.

Na apertura explicouse que o certame Isaac Díaz Pardo é un concurso artístico de referencia a nivel galego que nos brinda unha “oportunidade perfecta para coñecer as mellores creacións do momento”.

Neste senso, a mostra estará integrada pola obra gañadora, titulada 7, de Mauro Trastoi Lindín, máis outras dezanove obras de temática variada.

A exposición ficará aberta de luns a venres de 10 a 14 horas e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas. O aforo está limitado a catro persoas conforme a normativa anti-COVID vixente. A máscara é obrigatoria.

Outros artigos

El Brujo volverá a Ribeira coa “Viaxe do monstro fero”

O Concello de Ribeira presentou este 9 de xullo os detalles da nova actuación de El Brujo en Santa Uxía. Na cita cos medios participaron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, xunto cos técnicos de Cultura, Sara e Unai. Trátase, sinalaron, dunha nova proposta...

+

Aceites Abril reivindica as redeiras de Aguiño

No marco do seu compromiso coa posta en valor do patrimonio galego, a marca galega Aceites Abril lanzou unha nova campaña baixo o paraugas Facendo mellor ás mellores, esta vez centrada no que a empresa ourensá cualifica como “un oficio silencioso pero imprescindíbel”,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“En defensa de Occidente” – José Antonio Constenla

“En defensa de Occidente” – José Antonio Constenla

Europa se ha vuelto un continente cansado, de sí mismo, de sus símbolos, de su pasado. Lo que alguna vez fue un faro de civilización, una sinfonía de culturas, hoy parece atrapada en la melancolía de quien ya no cree merecer su legado. El desarraigo se ha convertido...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.