O Concello de Ribeira informa da apertura das inscricións do curso de socorrismo da Deputación

13 Xaneiro 2021

A Deputación Provincial da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local (PEL), oferta un programa formativo de Salvamento Acuático dirixido á obtención da dobre titulación correspondente aos certificados de profesionalidade de Socorrismo en espazos acuáticos naturais e Socorrismo en instalacións acuáticas. O Concello de Ribeira informou de que xa están abertas as inscricións no Servizo de Orientación Laboral local.

A formación teórico-práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista para mediados de febreiro e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.

Requisitos das persoas candidatas:

• Estar inscritas na Oficina de Emprego e coa tarxeta de demandante de emprego vixente á data do prazo de inscrición.

• Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición.

• Estar empadroadas nalgún dos concellos da provincia da Coruña.

• Estar en posesión dos requisitos formativos para cursar a formación correspondente a certificados de profesionalidade nivel 2: Graduado en ESO ou titulación superior, FP básica, FP1, ciclo grao medio, competencias clave nivel 2, certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional, certificado de profesionalidade de nivel 2, proba de acceso a ciclos, 2º BUP con 2 materias pendentes, entre outros.

• Condicións físicas: carencia de afeccións crónicas e doenzas infectocontaxiosas. Integridade física, resistencia, forza, destreza, coordinación visomotriz, axilidade, rapidez de reflexos.

Prazo e lugar de preinscrición:

Ata o 4 de febreiro ás 14:30 horas, no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ribeira (Lugar de Fafián, 29 – 15960 Ribeira (Viveiro de Empresas).

O envío de candidaturas realizarase por orde de entrada das solicitudes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.