O Concello de Ribeira apoia o fondo de cooperación impulsado pola Xunta para facer chegar axudas á hostalería

14 Xaneiro 2021

O grupo de Goberno do Concello de Ribeira anunciou este xoves 14 que apoiará o fondo de cooperación COVID acordado onte pola Xunta e a hostalería galega co obxectivo de canalizar novas axudas destinadas a este, en palabras do Executivo ribeirense “un sector especialmente castigado pola pandemia”. Segundo lembra, o fondo prevé que os concellos contribúan co 20% do mesmo, en tanto que a deputacións contribúan co 30% e a Xunta co 50%,

A maiores, o alcalde Manuel Ruiz mantivo na tarde deste mércores unha reunión cunha representación da hostalería ribeirense de resultas da cal acordouse adoptar novas medidas locais de axuda aos profesionais deste ramo, tales como a rebaixa na taxa de lixo, a ampliación da campaña de take away posta en marcha este mes (subministrando agora, non só envases para comida, senón tamén envases para cafés), e a elaboración dunha nova ordenanza de terrazas que permita a colocación de instalación desmontábeis en determinados lugares do municipio.

Así mesmo, o Concello apoiará a concentración que ten previsto realizar a hostalería local.

O Goberno ribeirense subliñou tamén que “ata o de agora” todo o esforzo realizado para axudar á nosa hostalería a sobrelevar os efectos da pandemia “procedeu do propio Concello, da Deputación da Coruña e da Xunta”, esta última “chegando a máis de 14.700 negocios da xeografía galega a través de tres liñas por valor de 23,7 millóns de euros”, e apelou “a unha maior implicación do Goberno estatal a través da convocatoria de axudas directas para o sector”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.