Medio Ambiente destinará 1,7 millóns a novas axudas para rehabilitar vivendas municipais

13 Xaneiro 2021
A conselleira de Medio Ambiente participando nunha vídeo-conferencia os meses pasados

A Consellería de Medio Ambiente anunciou que vai convocar en breve unha orde de subvencións dotada dun orzamento de 1,7 millóns de euros para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugamento social.

Así o avanzou esta mañá a conselleira Ángeles Vázquez durante unha visita ao concello de Bande, en Ourense, un dos municipios que se beneficiaron nos últimos anos das axudas do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) destinadas a facilitar e fomentar a nivel local este tipo de intervencións en materia residencial.

Ángeles Vázquez lembrou que nos últimos catro anos actuouse nun total de 125 vivendas en 40 concellos galegos, unha medida coa que se potencia o medio rural como lugar para vivir e, á vez, pretende servir de motor de reactivación económica para os concellos. As vantaxes deste programa tamén chegaron aos concellos da nosa comarca, por exemplo nun dos proxectos de rehabilitación e posta en valor arquitectónica máis destacados: a recuperación das Casas dos Mestres de Rianxo.

A conselleira tamén dixo que a través da nova orde introduciranse unha serie de melloras. Máis polo miúdo, estenderase o ámbito de actuación a todo tipo de vivendas de titularidade municipal en concellos de menos de 20.000 habitantes e ampliarase o importe máximo da axuda a percibir ata 50.000 euros por vivenda (só en caso de que o inmóbel a rehabilitar estea dentro dunha Área Rexurbe). A contía será de 48.000 euros para vivendas situadas nun ámbito histórico ou dos Camiños de Santiago.

Outros artigos

Venres 4, calor extrema cos termómetros rozando os 40 graos

Santiago e as Rías Baixas prepáranse para un venres de calor intensa con máximas superiores aos 33 graos A calor farase sentir con forza este venres 4 de setembro, Santa Rosalía, en Compostela e en todo o litoral suroeste de Galicia. Baixo o dominio das altas presións...

+

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.