Fin de semana con temperaturas á baixa e cese de choiva

01 Xaneiro 2021

Durante o sábado continuará entrando o aire procedente do Ártico a Galicia. Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros no sur, con máis nubes canto máis ó norte, onde haberá chuvascos, que serán de neve por riba dos 600 metros. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, polo que as xeadas serán xeneralizadas no interior, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados na costa e máis frouxos no interior.

O domingo non se agardan cambios significativos, cos ventos do norte que seguen traendo aire moi frío e chuvascos. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis claros canto máis ao sur e máis nubes ao norte onde se rexistrarán chuvascos que serán de neve en cotas arredor dos 500-600 metros. As temperaturas non experimentarán cambios, con xeadas no interior. Os ventos soprarán de compoñente norte.

Outros artigos

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cazar grallas para vencer ao demo”. Xosé Antonio López Silva

“Cazar grallas para vencer ao demo”. Xosé Antonio López Silva

En xaneiro morreu en Barcelona, aos 93 anos, José Martínez de Sousa, a máis alta autoridade na ortografía, a tipografía e a corrección editorial en castelán. Era do Rosal, abeirado ao Miño. Orfo de cativo, formouse como tipógrafo entre chumbos e caixas de tipos dende...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.