Barbantia participa nos Actos Castelao 2021 coa presentación do seu novo suplemento

19 Xaneiro 2021

A Asociación Cultural Barbantia informou de que vai celebrar a súa vindeira asemblea xeral ordinaria o 29 de xaneiro no Auditorio de Rianxo, a partir das 17.30 horas (en primeira convocatoria).

Segundo explica a entidade, será preciso cumprir de xeito estrita con todas as normas preventivas contra a COVID-19. Así, é necesario que confirmemos a reserva no correo barbantia@barbantia.es, e facelo antes do 27 de xaneiro. Deberase indicar, de todas as persoas para quen se solicita, nome completo, teléfono de contacto. e se son ou non convivintes.

Este mesmo día, ás 19.00 horas (logo da segunda das convocatorias programas ás 18.30 horas), desenvolverase no mesmo escenario o acto de presentación do suplemento cultural número 171 de A Voz de Barbantia.

Amais, darase a coñecer o libro Aproximacións a Manoel Antonio, de Xosé Luís Axeitos, coa participación de María Xesús Blanco, vicepresidenta da A. C. Barbantia, Roberto Abuín, Axóuxere Editora e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo.

As actividades complementaranse cunha intervención plástica a cargo de Xosé Luís Veiras Manteiga. A apertura e o peche musical do evento correrá a cargo de Miriam Pardal Figueiro (trompa) e Félix Iago Rodríguez Ramos (bombardino), da Escola de Música de Rianxo.

Esta cita do 29 de xaneiro no Auditorio de Rianxo enmárcase no programa Actos Castelao 2021 que organiza o Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.