As traballadoras de Servizos Sociais da Pobra visitaron o seu futuro local

20 Xaneiro 2021

As traballadoras do Departamento dos Servizos Sociais do Concello da Pobra do Caramiñal achegáronse na mañá deste 20 de xaneiro até as futuras dependencias onde desenvolverán o seu labor, situadas no andar baixo dun edificio fronte ao Consistorio. Fixérono acompañadas da edil da referida área, Amparo Cerecedo (BNG), Alí puideron comprobar in situ a evolución das obras do inmóbel que, segundo confirmou a edil, ficaría totalmente acondicionado en vindeiras datas. A previsión, dixo, é que abra súas portas á veciñanza da Pobra no mes de febreiro.

O local conta cunha superficie útil de 191’25 metros cadrados, artellados en varios espazos: vestíbulo, recepción, dous aseos, almacén, seis despachos, zona de espera e sala de reunións. Ademais, será accesíbel para persoas con mobilidade reducida e contará con entrada pola praza da Constitución.

A concelleira Amparo Cerecedo cualificou esta mudanza como “necesaria e urxente”, con vistas a aumentar os servizos da área e achegar unha mellor atención á veciñanza, “especialmente nesta situación derivada da COVID-19”. Ao mesmo tampo, apuntou que o traslado liberará espazo no Centro de Atención Integral á Discapacidade, posibilitando que as persoas usuarias do centro ocupacional pasen de recibir atención en liña (online) a que esta sexa presencial.

Cerecedo tamén salientou o factor “proximidade” do novo local en relación ao Consistorio, pois “resultará máis cómodo para a cidadanía no momento de realizar trámites, ademais de facilitar a interacción con outras áreas da Administración local”.

Nas ditas dependencias tamén se atopará o persoal adscrito á Concellaría da Igualdade.

O Concello asumiu os traballos de acondicionamento do local en alugueiro, nos cales proxéctase un sistema de compartimentación con barreira acústica, os acabados (logo de pintar e da colocación de zócolos), o establecemento da climatización mediante splits individuais, a instalación de iluminación para a nova disposición das estancias e a reforma do cadro existente por ampliación.

A obra está sendo executada pola empresa CYS Hispania S.L. e o importe ascende a 44.562’75 euros, IVE incluído, con cargo aos orzamentos municipais.

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

A Piscina Municipal da Pobra abre ao público o 22 de setembro

A Piscina Municipal da Pobra do Caramiñal retomará a súa actividade o vindeiro 22 de setembro, data na que abrirá finalmente as súas portas ao público. Desde o Concello agradécese "a comprensión amosada durante estes días" e pídeselles desculpas ás persoas usuarias...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.