Amplíase até abril a recollida de apoios á iniciativa popular Xabarín

13 Xaneiro 2021

Dende hai tempo, a Mesa pola Normalización Lingüística vén traballando nunha iniciativa que insta a que CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas, e que esta aposta asuma as necesidades e demandas tecnolóxicas de lecer das novas xeracións. A Mesa sostén que a creación do canle Xabarín suporía un cambio na programación, xa que estaría dispoñíbel en todas as plataformas dixitais e nunha aplicación móbil, ademais da televisión. Froito disto, púxose en marcha unha campaña de recollida de apoios que, segundo vén de confirmar a plataforma, ampliouse ata o venres 2 de abril.

Así, estarán dispoñíbeis en toda Galicia un gran número de establecementos para que as persoas interesadas en asinar os pregos oficiais poidan facelo. Por certo que na Rede existe un mapa no que cada quen pode atopar o lugar máis axeitado para mostrar o seu apoio, e no que podemos ver a importante implicación que se está a levar a cabo dende a nosa comarca.

Por un lado, a proposta insta ó Goberno de Feijóo a adoptar medidas precisas para garantir a opción dobrada e lexendada ao galego nas plataformas, así como a TVE a emitir con opción dobrada todos os contidos da súa canle infantil e xuvenil. Doutra banda, a Mesa apoia e insiste nesta iniciativa xa que considera alarmante o retroceso da lingua galega na programación televisiva, xa que unicamente CRTVG emite contidos na lingua e creen que de forma mínima.

A recollida de sinaturas ten como obxectivo a Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular ao Parlamento de Galicia. Esta proposta ten maiores garantías de trámite sempre e cando se consigan o mínimo de 2.500 sinaturas fixado pola lei. Ademais, esta iniciativa non é algo novo, xa que a finais do 2019, a Mesa levou a cabo unha campaña similar, que reclamaba á Xunta de Galicia que se sumase ao acordo de Movistar+ dos gobernos vascos e catalán para dispor da dobraxe e lexendado dos filmes e series.

Outros artigos

Sábado 8, intervalos nubrados e algún chuvasco illado

Este sábado,8 Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, o que deixará unha xornada de ceos con intervalos nubrados e a posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional, especialmente no noroeste durante as primeiras horas do día. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.