A Deputación da Coruña apoia ao sector da cultura con axudas de máis de 5 millóns

20 Xaneiro 2021

A área de Cultura da Deputación destina este ano máis de cinco millóns de euros para contribuír á actividade cultural e profesionalización do sector a través de once liñas de axuda. Os prazos para a presentación das primeiras sete liñas de subvención estarán abertos ata o 19 de febreiro, e as outras catro que se completarán os vindeiros días estarán dispoñíbeis até o 25 de febreiro.

As liñas e subvencións están enfocadas ó apoio da cultura de base, á contratación de persoal técnico e aos sectores profesionais. Antes de rematar o mes de xaneiro, a Deputación terá abertas todas as convocatorias nas que as diferentes entidades poderán presentar a súa candidatura.

A Deputación da Coruña destinará, polo tanto, a entidades culturais unhas axudas para o desenvolvemento de actividades ou para a realización de investimentos que contan cun orzamento de 900.000 € e 300.000 €. Por un lado as entidades de natureza cultural poderán recibir axudas de ata 30.000 €, polos 10.000 € que serán concedidos para actividades culturais de entidades veciñas.

A convocatoria tamén está aberta tanto para actividades como para investimentos, para que poidan presentarse corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional e formacións musicais de grande formato que contarán cun orzamento de 680.000 euros dos que 200.000 serán para investimentos. Neste caso as axudas serán dun máximo de 30.000 € para actividades e 15.000 € para investimentos.

Ademais, dúas das linas da área da Cultura da Deputación da Coruña busca a profesionalización do sector. Deste xeito, un orzamento de 200.000 € estará dispoñíbel para as asociacións de representantes, e 770.000 € axudar ós concellos na contratación de persoal técnico de Cultura. A convocatoria para esta última abrirá en días o prazo de presentación e prologarase até o vindeiro 25 de febreiro.

Outros artigos

A Riola 2025: Todo Listo para o Máster de Futbolín en Outes

O tradicional "Máster de Futbolín "A Riola 2025" xa quenta motores para unha das competicións máis esperadas do verán. Do 1 ao 3 de agosto, a localidade de Outes, na Ría de Muros e Noia (A Coruña), acollerá este evento que reunirá a xogadores e afeccionados de toda...

+

Outes celebra as Festas de Santiaguiño entre o 24 e o 27 de xullo

Os días 24, 25, 26 e 27 de xullo celebraranse no concello de Outes as Festas do Santiaguiño, cunha ampla programación musical para todos os públicos. A axenda comezará o 24 e xullo cunha ruada da Banda Xeitura de Esteiro e logo pola noite, na praza do Bosque, cunha...

+

Este sábado 12 comezan as Festas do Carme de Cabo de Cruz

Esta fin de semana e boa parte da semana que vén celébranse en Cabo de Cruz (Boiro) as Festas do Carme edición 2025, unhas celebracións na honra da patroa da xente do mar, a Virxe do Carme, que xunta actividades relixiosas, culturais e festeiras e que este ano vén cun...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

Se contaran e anotaran os roubos sacrílegos perpetrados nos últimos séculos deberíanposuír unha extensa libreta de dimensións considerables, tan grandes como a listaxe dosnomes, dos topónimos e dos obxectos. E, quen rouba ou para quen rouba? Hai quen roubao perdón, o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.