A curta documental Sólo son peces da sonense Paula Iglesias, nomeada aos Goya

19 Xaneiro 2021

Finalmente esta semana puidemos saber que a produción audiovisual Sólo son peces, co-dirixida pola sonense Paula Iglesias, natural da parroquia de Queiruga, é unha das obras nomeadas aos Premio Goya. Optará ao galardón dentro da categoría de curtametraxes documentais.

Sólo son peces é un documental que nos achega ás vidas de tres mulleres, Teslem, Dehba e Jadija, que traballan nunha piscifactoría nos campamentos de poboación refuxiada saharauí, en pleno deserto de Alxeria, lonxe da súa terra de orixe por mor do conflito con Marrocos.

O documental, que se titula Sólo son peces polo contacto das tres protagonistas cos seres acuáticos (un recordatorio constante da súa estreita relación interrompida co mar que baña o antigo Sáhara Español), foi co-dirixido xunto con Ana Serna (Bilbao 1988) a través da produtora compartida Al Borde Films.

O achegamento á vida das mulleres saharauís de Tinduf proposto pola sonense Paula Iglesias e Ana Serna pode verse estes días na Rede, na páxina web do documental.

Argumento

A poboación saharauí refuxiada nos campamentos situados en Tinduf (Alxeria) fai fronte desde hai 45 anos a duras condicións de vida en pleno deserto, agravadas pola escaseza de recursos e a dependencia da axuda internacional. Con todo, o pobo saharauí provén dun territorio rico en recursos naturais, reservas de auga e unha costa cun importante caladoiro. A pesar de verse privada do seu mar, demostraron a súa capacidade de superación e resistencia coa posta en marcha dunha piscifactoría en plena hamada (deserto). Unha zona que pode alcanzar os 50 graos centígrados no verán e onde as tormentas de area destrúen o invernadoiro que protexe aos peixes do frío da noite.

Teslem (32), Dahba (33) e Jadija (30) son tres mulleres nadas nos campamentos de refuxiados saharauís ao sur de Alxeria. Saíron a estudar ao norte do país e regresaron aos campamentos. Agora traballan na piscifactoría. Ansían volver a unha terra onde nunca estiveron, con mar, como os peixes.

Outros artigos

O 21 de setembro abre as inscricións a Ludoteca do Son

O Concello de Porto do Son informou da apertura do prazo de inscricións (o vindeiro luns 21 de setembro) para participar neste novo curso na actividade da Ludoteca Municipal. As actividades darán comezo o 28 de setembro. Haberá dúas franxas de horario: para a rapazada...

+

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.