Ribeira suspende actos e valora un novo peche de instalacións. Galicia rexistra un total de 5.521 casos activos por Covid-19

13 Decembro 2020


Quince novos contaxios en Ribeira que elevan a incidencia acumulada a 238, levou ao executivo ribeirense a suspenser a función da Mostra de Teatro, a limitación dunha entrega de premios a só os galardoados e a partir do luns a volver a pechar instalacións públicas, como os parques infantís.

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, lembra a necesidade de que se extremen as medidas de prevención e pon como referencia o que está a ocorrer no municipio veciño de Boiro, que se atopa no nivel máximo de restricións por risco moi alto de contaxio. O rexidor acude o refraneiro popular na súa rede social e afirma que “Cando as barbas o teu veciño vexas cortar pon as túas a remollar!!! Ou entre todos nos ponenos as pilas ou os seguintes en ter pechado o Concello somos nós. Hoxe suspéndese a “ mostra de teatro” e a partir de mañá volven suspender multiples actividades do Concello e redobrásense contrólelos pero a solución somos cada un de nós, XUNTOS PODEMOS!!!”

O Concello fai unha chamada a os ribeirenses a extremar as precaucións «tanto para protexer a nosa saúde e a dá xente que nos rodea como para preservar a actividade comercial e salvagardar a nosa economía». Lembra, así mesmo, a necesidade de manter a distancia de seguridade, evitar os contactos innecesarios, levar a máscara ben posta, lavar frecuentemente as mans, ventilar os espazos pechados e aplicar o sentido común.

A situación de Boiro e o estado de vixilancia sanitaria aplicado nos catro municipios de Barbanza, como son o propio Boiro, Rianxo, A Pobra e Ribeira, ten en alerta ás autoridades locais para evitar que a situación epidemiolóxica se escapede control.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.521 deles 993 son da área da Coruña, 498 da de Lugo, 424 da de Ourense, 851 da de Pontevedra, 1.317 da área de Vigo, 905 da de Santiago, e 533 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 52 están en UCI, 297 en unidades de hospitalización e 5.172 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 49.634 persoas curadas, rexistrándose 1.306 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 983.162.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.