Os socialistas de Ribeira propoñen mellorar a rúa da Cruz (Aguiño) coa compra dun inmóbel

31 Decembro 2020

O grupo socialista de Ribeira presenta ao pleno da Corporación un rogo relativo á rúa da Cruz, emprazada no centro urbano de Aguiño e obxecto arestora dunha serie de melloras para dotala de pavimento e canalización de augas pluviais. Segundo o PSOE local, a rúa ten unha serie de eivas no seu entronque coa vía das Américas, onde presenta unha “falta de anchura notábel debido á actual construción dunha casa cos seus anexos”.

Estas construcións, sinala a agrupación, están afectadas polo trazado do actual PXOM do Concello de Ribeira, cun viario de 10 metros de ancho. O PSOE fai saber que “dada a céntrica localización destes inmóbeis, así como por tratarse dunha vía utilizada con frecuencia pola veciñanza, resultaría importante a súa posíbel adquisición e posterior adecuación do espacio por parte do Concello de Ribeira, en aras do desenvolvemento axeitado da rúa e o tecido de vías urbanas, evitando a creación dun funil e facilitando a circulación rodada e veciñal”.

En base ao exposto anteriormente, desde o grupo municipal pide que “se fagan as xestións oportunas coa propiedade do ben inmóbel de cara a negociar a adquisición da superficie afectada polo PXOM, previa valoración técnica oportuna; argumentando que por parte da titularidade do predio a total dispoñibilidade para chegar a un entendemento”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.