Maneiro adianta nas redes as claves de Palabras de un desconocido, o seu novo traballo

17 Decembro 2020

O músico Javi Maneiro (O Conchido, Pobra do Caramiñal, 1973), vocalista dunha das bandas de rock máis influentes do panorama musical galego, Heredeiros da Crus, ten novo traballo musical en solitario, Palabras de un desconocido, un longa duración que está a piques de chegar ao mercado en formato “innovador e único” (formato vídeo-álbum) e do que se están a lanzar adiantos estes días nas redes da man do propio Maneiro, por exemplo un teaser de algo máis dun minuto achegado este 16 de decembro. A maiores, este venres procederase ao lanzamento de máis contidos do terceiro traballo en solitario do músico do Conchido en todas plataformas dixitais.

Rodado e musicado entre o Barbanza e O Porto, o vídeo-álbum narra unha viaxe no cal o compositor expón abertamente unha dúbida que cualifica de “máis que razoábel”: “Son os nosos demos interiores verdugos ou salvadores?” Con esta premisa, Maneiro conta en primeira persoa o proceso da súa catarse, aquela que lle fixo enfrontarse aos seus medos máis profundos e que o situou no camiño de sacar o mellor de si. No seu novo traballo Maneiro converte a purga “en aliada” e tende a man a Satanasiño, interpretado no seu traballo audiovisual-musical por Aurelio Martínez.

Polo que se refire á estrea oficial de Palabras de un desconocido, está condicionada pola actual situación sanitaria, polo que será un acto seguro, controlado e con distancia social. Segundo fai saber o músico, o lugar para a presentación está xa decidido, só falta dar a coñecer a data e o emprazamento. “Será un acto moi especial, con pase exclusivo, un pequeno showcase e unha introdución ante os medios explicando os detalles do novo traballo”, explica.

Amais, coincidindo coa saída dos temas nas plataformas dixitais, Maneiro lanza un caixiña “para románticos” na súa tenda de Bandcamp, un kit que consta, entre outras cousas, dun pendrive cos audios de Palabras dun descoñecido e unha selección persoal de temas dos seus anteriores traballos en solitario así como rarezas e un tema inédito.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.