En Rianxo citados por Sanidade 2.900 veciños de 55 a 75 anos para facerse a PCR

23 Decembro 2020


Sanidade está a realizar un novo cribado entre os veciños de Rianxo, municipio que desde a pasada medianoite se atopa pechado perimetralmente e co nivel máximo de restricións tal como informamos en O Barbanza. Están a ser citadas para facerse a PCR 2.900 persoas. O grupo de poboación chamado é a dos veciños de 55 a 75 anos de idade, que teñen que desprazarse ao hospital de Barbanza para a toma de mostras para a PCR.

As persoas seleccionadas reciben un SMS no seu móbil cun código QR para a súa identificación e a hora á que deben acudir ao complexo sanitario. A previsión de Sanidade é completar o cribado entre as xornadas deste mércores e o xoves.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.