Elefante Elegante presenta Patapatum no Auditorio de Rianxo, este sábado ás 19.00 horas

31 Decembro 2020

Rianxo vai comezar o ano con teatro familiar e con humor e fantasía para contrarrestar a adversidade. Así, este sábado 2 de xaneiro ás 19.00 horas a compañía Elefante Elegante estará na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co espectáculo Patapatúm, obra gañadora do Premio María Casares, na categoría de Mellor Espectáculo Infantil 2019. A peza, de 45 minutos e destinada a público infantil e familiar a partir de catro anos, é unha das propostas da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Segundo puidemos saber a obra é un espectáculo de teatro visual sen palabras que inclúe música dixieland e máscaras e que basea a súa comunicación (estreita) co público a través da marcada expresividade dos personaxes. Patapatúm é unha obra que convida a reflexionar sobre o tempo, a nenez e os métodos que usamos para encher os baleiros das nosas ausencias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.