As contas de Porto do Son soben un 9 %

14 Decembro 2020

A noite deste pasado venres 11 ficaban aprobadas as contas do pleno do Concello do Porto do Son no que se anunciaba que o vindeiro exercicio terá un orzamento de 8,9 millóns, dos que 2,1 millóns irán encamiñados a investimento. Cómpre dicir que este acordo económico do Goberno local foi adiante co apoio do PP, a abstención do PSOE e os votos en contra do BNG. O investimento cobra importancia nas contas, xa que ascende a 2,1 millóns.

Pola súa banda o alcalde, Luis Oujo, afirmou que a esta cantidade haberá que sumarlle un millón máis, do que poderán dispor as arcas locais a partir de xaneiro, unha axuda nestes tempos de pandemia que quere servir para dar un pulo á economía local.

Asemade, medra a partida destinada á área de Servizos Sociais, feito que se traduce nun aumento dos fondos encamiñados a lograr que todos os nenos e nenas dispoñan das ferramentas precisas para seguir os seus estudos se o COVID obrigase a eliminar ou reducir a atención presencial.

Emporiso, as contas soben un 9 %, pasando dos 8.179.000 euros aos 8.910.000. A subida, explicou a tenente de alcalde María Maneiro, débese ao incremento das transferencias de capital e á regulación do IBI efectuada polo Catastro.

Dende a oposición, Balbino González (BNG), e María Vila (PSOE) critican este incremento do recibo da contribución e a introdución de novas taxas, pois segundo o voceiro do BNG “estes orzamentos non se corresponden coa época que nos toca vivir”. Engadiu que este aumento do 9 % nas contas esgrimido polo executivo ten que ser en dous anos.

Pola súa banda, a socialista María Vila apuntou que non concorda coas contas e di: “Abstivémonos porque consideramos que uns orzamentos son algo moi importante e que non debemos votar en contra”. Quixo tamén amosar a súa postura contraria co aumento nas contas, pois di que este aumento é debido “ao incremento dos ingresos pola suba de taxas e impostos aos veciños”. Vilas referiuse ao ascenso no pago do IBI e falou da “creación de dúas taxas novas, como son a dos matrimonios civís e a dos dereitos de exame para as probas que convoca o Concello”.

Os socialistas cren que deberían eliminarse taxas como a das terrazas para apoiar ao sector hostaleiro, moi danado pola actual crise sanitaria.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.