A Xunta xunta forzas co sector e as tres universidades para deseñar o plan da recuperación turística de Galicia

28 Decembro 2020

O Goberno galego vai dar un pulo decisivo á nosa terra dende o punto de vista turístico, poñendo o foco en dous dos nosos grandes puntos fortes como destino: a non masificación e o factor seguridade. Deste interese por reforzar a Comunidade ante a comunidade viaxeira estatal e internacional xorde o Plan Director 2021-2013 Galicia Destino Seguro, no que está a traballar a Xunta xunto co Clúster Turismo de Galicia e con expertos das nosas tres universidades galegas.

As bases do plan foron dadas a coñecer nos seus detalles polo vicepresidente primeiro Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, que informaron de que xa están en marcha as mesas de traballo e entrevistas cos diferentes axentes do sector para realizar “unha diagnose da situación actual da oferta e da demanda e das necesidades das empresas”.

O documento definirá o novo modelo turístico galego co que facer fronte aos efectos do coronavirus e reactivar a actividade e o emprego no turismo galego, tendo en conta as necesidades dos turistas no novo escenario postCOVID. Alfonso Rueda destacou que o documento dará continuidade ao Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020 e seguirá a fomentar un modelo turístico sustentable e de calidade cunha oferta segmentada, ao mesmo tempo que, debido á actual crise sanitaria, incidirá na mensaxe de que Galicia é un destino seguro.

Na presentación tamén participaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; así como os reitores da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; da Universidade da Coruña, Julio Abalde; e da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa.

O vicepresidente primeiro da Xunta espera recuperar a confianza dos viaxeiros nos próximos meses para contribuír á reactivación do turismo galego. Deste xeito, considera que “o turismo tranquilo e non masificado que ofrece Galicia é un dos punto fortes da oferta turística galega e un aspecto moi demandado na actualidade polos visitantes neste escenario marcado pola pandemia”. Así, explicou que Galicia “conta cun plus ao ser percibido nos últimos meses como un destino seguro que dá resposta ás demandas dos turistas que buscan maior contacto coa natureza e espazos abertos”.

Ademais, lembrou que esta “oportunidade” á que se enfronta o turismo galego nesta situación de necesidade de axudar ao sector enlaza con outra oportunidade que hai que aproveitar: o Xacobeo 2021. A Xunta continúa a preparar o Ano Santo, considerado como motor da recuperación económica do sector, coa posta en marcha de medidas que permitan levar a cabo un Camiño Seguro e contar cun Xacobeo 2021 diferente pola covid-19 pero que será o mellor dos Xacobeos posibles e “o punto de partida dos tres Anos Santos da próxima década”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.