A Deputación colabora no plan de promoción turística de Outes

30 Decembro 2020
O vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o alcalde de Outes, Manuel González

A área de Turismo da Deputación da Coruña colabora co Concello de Outes na dinamización e promoción dos recursos turísticos do municipio e, en especial, na creación e posicionamento da marca “en Outes!”.  O orzamento da achega da Deputación ascende a 17.753,96 € que se destinarán á mellora da comunicación e o posicionamento do destino turístico.

O vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o alcalde de Outes, Manuel González, asinaron o convenio de colaboración, que foi aprobado no pleno de hoxe día 30 de decembro, para a promoción turística do concello.

O acordo contempla a achega por parte da área de Turismo da Deputación da Coruña de 17.754 € que supoñen o 80% do orzamento do proxecto que ascende a 22.192,45 €. Na iniciativa inclúese o deseño da imaxe corporativa que aglutine todas as opcións de comunicación baixo a mesma marca “en Outes!” e o apoio a distintas ferramentas para a súa promoción.  Entre outros produtos novos, engádese a elaboración dunha guía e un vídeo turístico que dean a coñecer a diversidade de recursos naturais e patrimoniais que desperte o interese de visitantes ademais da creación dun arquivo fotográfico para difundir os distintos puntos de atractivo turístico ademais de alimentar os soportes promocionais.

Xunto estas actividades, o Plan de Promoción Turística do Concello de Outes dedica unha especial atención á difusión en redes sociais e outras ferramentas dixitais que serán algúns dos medios de promocionar o concello tanto por medio do banco fotográfico como polo vídeo turístico que percorre algúns dos principais recursos, paisaxes e posibilidades de ocio do destino turístico. Neste sentido, o acordo inclúe a creación de perfís oficiais en instagram, facebook ou youtube que axuden a conectar co publico xeral e que segmente o público para facer a comunicación máis efectiva, dirixíndose especialmente á propia contorna do concello.

Os obxectivos son a mellora do posicionamento do destino turístico, a comunicación e o marketing emocional e ofrecer unha imaxe innovadora e positiva do concello de Outes como destino turístico, en especial, neste tempo en que a pandemia afectou de maneira acusada ao sector.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.