O Ministerio de Transición Ecolóxica mellora o acceso peonil á praia de Carnota

19 Novembro 2020

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, supervisou este xoves 19 de novembro o resultado do acondicionamento realizado no acceso peonil á praia de Carnota. Acompañada polo alcalde Juan Manuel Saborido, o xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil; e a concelleira Mercedes Noceda, comprobou os traballos desenvolvidos na zona, impulsados pola Demarcación de Costas de Galicia (Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico) e executados pola empresa Tragsa.

As tarefas, que requiriron unha inversión de 38.000 euros, consistiron sobre todo na renovación da varanda existente no acceso central do areal, incluíndo a retirada da que se atopaba en mal estado e que foi substituída por unha delimitación máis transparente e flexíbel a base de corda. Tamén se procedeu á demolición e levantamento do tramo da varanda de madeira e a súa substitución por outra estrutura que permita unha mellor protección do sistema dunar.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.