O BNG de Ribeira reclama un novo estacionamento de balde

14 Outubro 2020

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira, a través do seu voceiro local Xosé Vázquez Cobas, dirixiu este mércores un chamamento ao Concello para instalo a habilitar un novo estacionamento de balde que dea servizo ás persoas que veñen doutros núcleos para facer as súas compras e recados na capital do municipio. Xosé Vázquez Cobas explicou que non é a primeira vez que o BNG rexistra iniciativas para dotar a Ribeira deste tipo de infraestruturas gratuítas, con “bo firme e iluminación”. Vázquez esgrimiu que na súa formación “sempre se apostou por aumentar o número de aparcadoiros gratuítos pero en condicións axeitadas”.

O Bloque acusou ao Concello de “dilapidar cartos públicos no alugueiro dunha parcela nas Abesadas, deixándoa sen arranxar e impedindo que poidan estacionar até 150 vehículos desde o ano 2018”. Os nacionalistas cualifican este feito de “vergoñento” e láianse de que non “se estean a paralizar estas e outras obras” a nivel local. Tamén criticaron ao Goberno local por ofrecer zonas de estacionamento sen iluminación que no inverno convértense en lameiras e no verán ínzase de lixo e maleza.

Por outra banda, Vázquez Cobas criticou a política do PP por “privatizar no seu día o aparcadoiro do Centenario provocando un encarecemento nos prezos e un caos na xestión, dixo, engadindo que a solución a isto sería “un aparcadoiro do Centenario con tarifas reducidas e bonificacións para aquelas persoas que mercan no comercio local”. Esta medida, finalizou Cobas, “permitiría axudar ao comercio local a mellorar as súas vendas e tamén se aumentaría o número de estacionamentos, algo moi necesario sobre nun momento tan delicado como o que están a pasar”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.