Ribeira traerá un total de 10 representacións na Mostra de Teatro de outubro a decembro

11 Setembro 2020

O Auditorio Municipal de Ribeira dará cabida entre o 9 de outubro e o 12 de
decembro a unha nova edición da Mostra de Teatro de Ribeira: un certame que neste ano tan excepcional e para dar cumprimento á normativa covid estará limitado a 200 butacas en lugar das 279 de que dispón a instalación (é dicir, o 75% do aforo).

A concelleira de Cultura María Sampedro foi quen presentou hoxe a programación desta arraigada iniciativa, salientando que o Concello “segue apostando pola cultura segura” e que “o teatro o único que pode contaxiarnos é de cultura e coñecemento”.
Todas as funcións terán lugar os venres ás 21.30 horas agás a última, na que o Grupo Municipal de Teatro de Ribeira se subirá ás táboas un sábado: será o do 4 de decembro para poñer en escea a peza “O rei Telesforo busca noiva (e quere noivo)”:

“RELATOS NEGROS” Manuel Manquiña 9 de outubro

“POR VÍA ORAL” Dinamo Producións 16 de outubro

“SÓS” Malasombra 23 de outubro

“A PRIMEIRA VEZ” Talía Teatro 30 de outubro

“O MOZO DA ÚLTIMA FILA” Redrum Producións 6 de novembro

“OS NENOS DA VARÍOLA” Pérez & Fernández 13 de novembro

“CONCERTO CON-FUSIÓN” Píscore 20 de novembro

“SEREAS, DRAGÓNS E PISTAS DE BAILE” Avelino González 27 de novembro

“O MEL NON CADUCA” Ibuprofeno Teatro 4 de decembro

“O REI TELESFORO BUSCA NOIVA (E QUERE NOIVO)” SÁBADO: 12 de decembro Grupo Municipal de Teatro de Ribeira

Bonos a partir do luns
A venda das entradas e bonos terá lugar na Oficina de Atención Cidadá mediante pago con tarxeta bancaria, de luns a venres de 9.30 horas a 13.30 horas. A compra de bonos poderase facer dende o vindeiro luns 14 de setembro ata o 9 de outubro (ambos os dous incluídos ou ata encher o aforo) mentres que as entradas individuais venderanse dende o 5 de outubro e ata o 11 de decembro de luns a venres no horario indicado, de xeito que cada semana só se poñerán á venda as que correspondan ao espectáculo que terá lugar esa mesma semana.
O prezo individual da entrada para cada función será de 4€ e o bono para toda a mostra 25€. Neste último suposto, no caso de que un eventual endurecemento das medidas covid obrigara a reducir aínda máis o aforo se devolvería a parte proporcional do importe ás persoas afectadas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.