Oleiros, Carreira, Palmeira e Ribeira concentran boa parte das actividades culturais para a fin de semana

01 Setembro 2020


A parroquia de San Martiño de Oleiros concentrará este fin de semana boa parte das actividades programadas dende a Concellería de Cultura para este primeiro fin de semana de setembro, continuando deste xeuti coa liña deste verán de desenvolver eventos compatibles cos protocolos covid cadrando coas datas en que estaban previstas as festas populares das distintas localidades.

Así, o venres 4 ás 21.30 horas, na praza do Centro Social de Oleiros, terá lugar a actuación de Cirkoimpacto coa proposta Hell Brothers, un espectáculo infantil e familiar e recinto acoutado que se irá cubrindo por rigurosa orde de chegada.

O sábado na mesma parroquia haberá unha ruada con gaitas do país co grupo O Rueiro da Sociedade Hijos de Palmeira: intervención que se repetirá tamén o domingo, día no que —por outra parte— no marco da programación das Rúas Musicais o establecemento Curral de Prego, preto do antedito Centro Social, dará cabida ás 13 horas a unha sesión vermú ofrecida pola banda local Os Bugis.

Premio Luis Ksado

Por suposto, outros puntos da xeografía municipal tamén serán escenario de distintos eventos, principiando pola inauguración o venres 4 ás 13 horas no Centro Cultural Lustres Rivas da exposición do XIV Premio Luis Ksado de Creación Fotográfica, que se prolongará ata o 26 de setembro.

Ese mesmo día, o campo da festa de Carreira acollerá o último autocine de verán ás 22.15 horas coa proxección da galardoada película “O que arde”, de Oliver Laxe. A asistencia é gratuíta e o aforo está limitado a 30 vehículos.

Por último, o sábado 6 de setembro ás 21.30 horas a praza da Porta do Sol de Santa Uxía dará cabida á gala de Circo Circando: un espectáculo infantil e familiar encadrado na programación da Fiestra da Cultura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

Me siento plácidamente en una butaca y más que soñar me pongo a mirar atrás, muchos años atrás, años vivido en una infancia llena de necesidades, pero pletórica de imaginación. Y sin llorar me pongo a recordar, aquellos barquillos en forma de cono o planos que en...

“Facer cola”. Xulio Xiz

“Facer cola”. Xulio Xiz

A venda de lotería polo Nadal provoca colas que se ata hai pouco se formaban os días previos ao sorteo agora, igual ca todas as celebracións, se amplían de maneira que xa hai que facelas para mercar un boleto que pode facernos ricos, de paso...