O Concello da Pobra pon a punto as pistas do Castelo

28 Setembro 2020

A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal renovou as canastras de baloncesto nas pistas do Castelo, enmarcándose esta actuación no plan de mellora das instalacións deportivas no segundo semestre do ano. O referido material comprende un xogo de canastras móbiles galvanizadas, dous taboleiros Lynx Foam, dous aros basculante deluxe, un xogo de redes de baloncesto New Net e un xogo de caixóns contrapeso galvanizado. A dita intervención foi executada por Sport Maniotas e o investimento ascendeu a 3.465’70 euros, IVE incluído.

O Concello lembra que esta acción súmase á xa realizada para a mellora e o acondicionamento do pavimento das referidas canchas, adscribíndose este proxecto ao Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2018. Ao abeiro destes traballos desmontouse e a colocación da varanda metálica separadora das tres pistas, ademais de lixarse e pintarse mediante un tratamento superficial de protección para elementos de aceiro con imprimación anticorrosiva. Asemade, colocouse unha porta de acceso nun valado metálico fixada a unha superficie soporte, incluída a apertura do oco; fíxose a desmontaxe e colocación da reixa fundición sumidoiro, coa posterior tapadura deste; procedeuse á formación dunha quenlla, soleira de formigón, e marcaxe. O investimento ascendeu a 43.336’76 euros, IVE incluído, e a obra foi executada por Coto de Uz Proyectos y Obras S.L.

Por outra banda, efectuouse o arranxo do peche perimetral das pistas por un importe de 2299 euros, IVE incluído, a cargo da Cerrajería Paz García S.L. e, proximamente, pintarase a cancha de baloncesto, por 800 euros, da man de Gilberto Pinturas.

O obxectivo destas intervencións é ofrecer aos usuarios e usuarias unhas mellores condicións para o desenvolvemento da súa actividade.

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

A Piscina Municipal da Pobra abre ao público o 22 de setembro

A Piscina Municipal da Pobra do Caramiñal retomará a súa actividade o vindeiro 22 de setembro, data na que abrirá finalmente as súas portas ao público. Desde o Concello agradécese "a comprensión amosada durante estes días" e pídeselles desculpas ás persoas usuarias...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.